mércores, 29 de xuño de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Os alumnos de 4º de ESO  elaboraron unha serie de presentacións de diapositivas sobre a vida e a obra de Manuel María que podedes insertadas no seguinte prezi.

luns, 20 de xuño de 2016

Collages

Como traballo da materia de informática, os alumnos de 4º de ESO tiveron que fotografar momentos do seu dia a dia, en concreto, pola mañá e pola tardiña.
Despos de editalas para mellorara a súa resolución, a súa calidade ou o seu tamaño, este foi o resultado.


martes, 24 de maio de 2016

Unha historia dos meus

O pasado venres dia 20 de maio os alumnos de 4º de ESO tiveron unha clase de historia moi especial. Catro dos seus avós e avoas viñeron a charlar con eles sobre como era a vida antes, cando eles eran mozos. Faláronnos de  cando tiveran que empezar a traballar dende ben nenos, das experiencias polo mundo adiante como camioneiro ou  cando tiveran que emigrar a países tan dispares como Alemaña ou Sudáfrica para poder sacar adiante ás súas familias.
Como traballo previo a esta xuntanza, os alumnos de 4º de ESO prepararon a seguinte presentación na que expoñen fotografías antigas das súas familias e nos contan algo sobre os seus protagonistas.


domingo, 10 de xaneiro de 2016

CLASE CULTURAL

 No mes de decembro os alumnos de secundaria tiveron a oportunidade de recibir no centro unha "Charla Cultural" impartida por un nativo inglés, Luke Roberts, grazas a editorial Burlington Books. Resultou ser unha experiencia moi positiva xa que puideron coñecer aspectos da cultura británica dun xeito lúdico e interesante.
Houbo dúas sesións e ambas remataron cun concurso, ao estilo do coñecido programa "Quen quere ser millonario?" Non faltou de nada! Os comodíns do público, do 50 por cento e da chamada, neste caso á  amable nai de Luke, quen axudou aos alumnos a gañar premios.
Agardamos poder repetir pronto.

luns, 30 de novembro de 2015

Acción de grazas

Coincidindo coa celebración do día de acción de grazas en EEUU, sempre o último xoves de cada mes de novembro, Matt  aproveitou para explicarnos de que xeito se celebra esta importante data no seu país. Asimesmo explicounos a súa orixe, dende a chegada dos pilgrims a Plymouth a bordo do Mayflower ata  algúns cambios que foron introducíndose asociados xa con este día, tales como o sorprendente consumismo do Black Friday.



luns, 2 de novembro de 2015

Halloween


Matt Reese, o noso auxiliar de conversa, adicou varias sesións para explicar aos alumnos de primaria e secundaria a orixe do festival celta "Halloween". Mediante unha presentación de powerpoint aprenderon os costumes que teñen os americanos para celebrar esta data, moitos deles descoñecidos por nos coma os chamados "haunted rides". Feliz Halloween!