luns, 30 de novembro de 2015

Acción de grazas

Coincidindo coa celebración do día de acción de grazas en EEUU, sempre o último xoves de cada mes de novembro, Matt  aproveitou para explicarnos de que xeito se celebra esta importante data no seu país. Asimesmo explicounos a súa orixe, dende a chegada dos pilgrims a Plymouth a bordo do Mayflower ata  algúns cambios que foron introducíndose asociados xa con este día, tales como o sorprendente consumismo do Black Friday.



luns, 2 de novembro de 2015

Halloween


Matt Reese, o noso auxiliar de conversa, adicou varias sesións para explicar aos alumnos de primaria e secundaria a orixe do festival celta "Halloween". Mediante unha presentación de powerpoint aprenderon os costumes que teñen os americanos para celebrar esta data, moitos deles descoñecidos por nos coma os chamados "haunted rides". Feliz Halloween!


martes, 7 de xullo de 2015

CONVERSA CO AUXILIAR

A nosa alumna Iria Vázquez converteuse en reporteira demostrando a súa competencia lingüística no inglés e deste xeito, achegándose ao lado máis humano de Donnacha Cassidy, auxiliar de conversa do noso centro durante dous trimestres.

luns, 29 de xuño de 2015

ENCONTRO LEDICIA COSTAS

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS: “ESCARLATINA A COCIÑEIRA DEFUNTA”. XUÑO 2015. Os alumnos de 1º da ESO acolleron na biblioteca do centro a escritora viguesa Ledicia Costas que nos veu falar do seu libro: “Escarlatina, a cociñeira defunta”. A autora aborda o tema da morte con humor e sarcasmo e, grazas a Román, protagonista da historia, viaxamos ao Alén ou Inframundo. Ao longo de todo o curso os alumnos gozaron deste “apetitoso” libro que fomenta a curiosidade pola cociña e que ten ingredientes coma o misterio, a aventura, a tenrura… Neste encontro compartimos o gusto pola lectura, pola poesía, polas anécdotas sobre avós e avoas e, como non, degustamos unhas larpeiradas de chocolate que os alumnos fixeron seguindo as receitas do libro. A visita de Ledicia Costas foi simplemente deliciosa...

martes, 12 de maio de 2015

Doantes nas aulas


A Escola do Faro na súa edición de hoxe recolle a charla  que foi impartida a semana pasada para os alumnos de 3º e 4º de ESO, na que se tratou o interesantísimo tema da doación de órganos.



martes, 5 de maio de 2015

Vivindo a música clásica

O pasado 12 de marzo, dentro do programa "Quedamos no Palco" ofrecido por Afundación Abanca con motivo do concerto conmemorativo do centenario da Sociedade Filarmónica de Vigo, un grupo de alumnas do noso colexio, acompañadas por unha mestra, acudiron ao Teatro Afundación (Policarpo Sanz, Vigo) para asistir ás 20,30 horas ao concerto protagonizado pola Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida polo mestre ruso Dima Slobodeniouk. A orquesta interpretou para o ocasión o "Concerto para percusión de orquestra" de Kalevi Aho -co percusionista escocés Colin Currie- e a "Sinfonía nº 5 en si bemol maior, op.100" de Sergéi Prokófiev.


Alumnas de 3º e 4º de ESO momentos antes de comezar o concerto

Tamén un grupo de alumnos de 2º de ESO tiveron a oportunidade de disfrutar desta experiencia, nesta ocasión o pasado 9 de abril.
A Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida para a ocasión polo mestre mallorquín Antonio Méndez, e coa flautista norteamericana Claudia Walkerque como solista, interpretaron un repertorio que  incluíu as obras "Convergencias" de Juan José Colomer, "Concerto para flauta" de Carl Nielsen, e a "Sinfonía nº 5" de Jean Sibelius.
Os alumnos de 2º de ESO disfrutaron deste excelente concerto

Sen dúbida, unha experiencia enriquecedora e gratificante para achegarse ao mundo da música clásica.

Achegándonos á cultura irlandesa


Dende o mes de xaneiro o noso centro conta co apoio dun profesor nativo en todas as etapas educativas, dende Educación Infantil á ESO. Donnacha é o nome deste irlandés que ,dende o principio, amosa  grande interese en achegarlles aos alumnos todo o relacionado coa cultura irlandesa: expresións idiomáticas, tradicións e costumes.

Fermosa paisaxe na cidade irlandesa de Killarney



Trevo, símbolo de Irlanda
Entre as máis interesantes destacan as sesións que lle adicou ao Día de San Patricio (St Patrick's Day). A través de vídeos e presentacións descubrimos como se celebra esta  festa cada 17 de marzo,  non só en Irlanda senón tamén en diferentes países como o Reino Unido, Australia, Estados Unidos ou  Nova Zelanda,  Entre os festexos máis típicos desta data están os  multitudinarios desfiles nas rúas, onde a xente se viste de verde levando o símbolo do país: O "shamrock"  (trevo de tres follas), baila ao ritmo da música celta e por suposto bebe Guinness. 
Cervexa negra do tipo "stout" elaborada dende 1759

martes, 21 de abril de 2015

ANIMAIS EXÓTICOS NO COLEXIO

Como todos sabedes, uns días atrás, o colexio recibiu unha agradable e atípica visita, unha serie de animais un pouco estraños e que non estamos acostumados a ver nas nosas casas. Entre eles atopábanse anfibios, réptiles e artrópodos.
A presentación foi levada a cabo polo biólogo Diego (experto en animais exóticos) e que foi quen de ensinarnos moitas peculiaridades de estes animais e incluso permitiu que tocásemos algúns deles perdéndolle un pouco os medos que instintiva e culturalmente estes animais nos producen.
Os alumnos de 5º e 6º de primaria, ademais tiveron a fortuna de ter durante uns segundos un incrible colar vivente, nin máis nin menos que unha fermosa pitón...
E para mostra, ollade a seguinte presentación:

venres, 17 de abril de 2015

Visita ao Colexio Possumus de Rosa Huertas

      
 O encontro con Rosa Huertas foi algo moi especial para os nenos de 2º ESO do Colexio Possumus. Houbo un pouco de todo: unha presentación, moita poesía, agasallos, cartas... Todo o que deu tempo.
        Os nenos, para comezar, empezan compartindo o poema de ¨En el mundo de los libros¨ de Juan Carlos Martín Ramos:

En el mundo de los libros,
puedes vivir muchas vidas
y ser alguien muy distinto.

En el mundo de los libros,
lo que se cuenta es verdad
aunque no haya sucedido.

En el mundo de los libros,
hay ciudades invisibles
donde ves lo nunca visto.

En el mundo de los libros,
ayer puede ser mañana
y el futuro ser hoy mismo.

En el mundo de los libros,
se atraviesan los espejos,
cualquier límite prohibido.

En el mundo de los libros,
todos los libros del mundo
llevan dentro un sueño escrito.


            A continuación, Rosa presentou o seu libro coas súas respectivas imaxes nun proxector. Máis tarde, respostou as dúbidas. Deseguido, nenas e nenos leron poemas como; ¨Ciclistas¨ de Jaime Ferrán, ¨Creemos un hombre nuevo¨ de Rafael Alberti e moitos máis... Para finalizar Rosa mostrou a caixa dos tesouros de Sofía, unha das protagonistas do libro. Ao rematar, Rosa firmou e dedicou os libros.

             Logo tocoulle a quenda a 3º e 4º ESO co libro ¨ Mala Luna¨, a primeira novela de Rosa Huertas que narra a historia do poeta oriolano, Miguel Hernández, e como as vidas de dous adolescentes se cruzan descubrindo recordos pasados. 
     
         Durante varias semanas os estudantes estiveron preparando poemas, preguntas, cartas e cancións relacionadas coa vida de Miguel Hernández para o devandito encontro.
      As alumnas Nerea Melón e Paula Cabañas, de 4º ESO, escolleron o poema ¨Canción última¨ de Miguel Hernández relacionada con ¨Mala Luna¨ :
Pintada, no vacía: 
pintada está mi casa 
del color de las grandes 
pasiones y desgracias.


Regresará del llanto 

adonde fue llevada 
con su desierta mesa 
con su ruidosa cama. 

Florecerán los besos 
sobre las almohadas. 
Y en torno de los cuerpos 
elevará la sábana 
su intensa enredadera 
nocturna, perfumada. 

El odio se amortigua 
detrás de la ventana. 
Será la garra suave. 
Dejadme la esperanza.  


              Nicole Doural e Nerea Edreira, de 4º ESO, decidiron escoller o poema das ¨ Tres heridas¨ do poeta oriolano, Miguel Hernández para compartir no encontro :


Llegó con tres heridas: 
la del amor,
la de la muerte,
la de la vida.

Con tres heridas viene:
la de la vida,
la del amor,
la de la muerte.

Con tres heridas yo:
la de la vida,
la de la muerte,
la del amor.

      A alumna Sandra Barreiro, de 4º ESO, escribiu unha carta inspirada na primeira novela de Rosa Huertas poñéndose na pel dun dos personaxes principais da trama:

                                                                                                                                                       Hospital, 2013
Orihuela 11 de julio
      Querido Víctor:
      Quizás te estés preguntando por qué tu abuelo con lo viejo que es te siga escribiendo. Pronto me desvaneceré como los pétalos de una rosa en otoño, pero aunque eso ocurra, nunca dejes de leer. Nunca. Las palabras que se esconden en los libros tienen mucho más valor que todas las riquezas humanas. Aunque tardé en darme cuenta de esto, te lo digo de todo de todo corazón. A una persona al límite de la muerte solo le quedan sus recuerdos, y es que es eso, la vida son solo momentos.
      Todavía me acuerdo de cuando conocí a Miguel Hernández. Fue en un partido de fútbol. Es curioso como dos personas sin haberse visto antes coincidan porque sí, porque sus decisiones y sus vidas les llevan a cruzarse.
      Desde el primer momento en que lo vi sentí una admiración muy fuerte hacia él. Pero esa admiración con el paso de los años se fue convirtiendo en envidia, en rencor.Cosas de las que ahora me arrepiento. Siempre quise ser como él ¿pero qué esperaba? Yo en realidad no era poeta.
Solo quiero que nunca cometas el error que me llevó a tener una vida infeliz.
      No dejes que el orgullo te juegue malas pasadas.
       Y sobre todo, disfruta de la vida.
                                                                                                                        Besos, tu abuelo Aurelio.

      Jennifer Rodríguez e Iria Villar, de 4º ESO, crearon un poema dedicado a Miguel Hernández dende o punto de vista dun dos personaxes:

 Tú fuiste mi gran amigo
mi más fiel aliado
nunca me dejaste solo
pero yo te he fallado.

Cuando más me necesitabas
yo no supe valorar
tanto amor y cariño
de esas tardes sin igual.

La envidia me corroía
y solo te dejé estar
en ese lugar frío y oscuro.
Tan sólo con tu ausencia
marchita de tanto llorar.


      Ao rematar o encontro con 2º ESO (os alumnos déronlle unha caixa con area, algas, cartas, fotografías, poemas, moita felicidade por ler o seu libro ¨La caja de los tesoros¨ e moitas ilusión por coñecer a Rosa Huertas. Explicoulles o por que das personaxes e por que decidiu escribir o libro. Mostroulles imaxes reais de Miguel Hernández e a súa vida...), tocoulle a 3º e 4ºESO, algo que esperaban con entusiasmo.
      Ao comezo do encontro, Rosa mostrou imaxes reais de Orihuela, Miguel Hernández e Josefina Manresa e curiosidades sobre estes e ¨ Mala Luna ¨ . como que moitas personas que conñecían a Miguel Hernández finxían non facelo despois da súa morte.
      Os alumnos de 4º ESO interpretaron ¨ Blowin' in the wind ¨ de Bob Dylan, introducido polo poema de Antonio García Teijeiro, baseado na devandita canción e recollido no poemario ¨Petando nas portas de Dylan¨. E os alumnos de 3ºESO cantaron ¨Caminante no hay camino¨ , a canción onde J.M. Serrat interpreta o poema ¨Cantares¨ de Antonio Machado, á cal Rosa Huertas uniuse xunto cos profesores.
      O encontro non puido durar o desexado mais permañecerá sempre na nosa memoria pola maxia que se respirou.

 Crónica escrita por:
Nerea Edreira Miranda
Nicole Doural Domínguez
Laura Rey Domato