luns, 29 de xuño de 2015

ENCONTRO LEDICIA COSTAS

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS: “ESCARLATINA A COCIÑEIRA DEFUNTA”. XUÑO 2015. Os alumnos de 1º da ESO acolleron na biblioteca do centro a escritora viguesa Ledicia Costas que nos veu falar do seu libro: “Escarlatina, a cociñeira defunta”. A autora aborda o tema da morte con humor e sarcasmo e, grazas a Román, protagonista da historia, viaxamos ao Alén ou Inframundo. Ao longo de todo o curso os alumnos gozaron deste “apetitoso” libro que fomenta a curiosidade pola cociña e que ten ingredientes coma o misterio, a aventura, a tenrura… Neste encontro compartimos o gusto pola lectura, pola poesía, polas anécdotas sobre avós e avoas e, como non, degustamos unhas larpeiradas de chocolate que os alumnos fixeron seguindo as receitas do libro. A visita de Ledicia Costas foi simplemente deliciosa...