mércores, 29 de xuño de 2016
LETRAS GALEGAS 2016
Os alumnos de 4º de ESO elaboraron unha serie de presentacións de diapositivas sobre a vida e a obra de Manuel María que podedes insertadas no seguinte prezi.
luns, 20 de xuño de 2016
martes, 24 de maio de 2016
Unha historia dos meus
O pasado venres dia 20 de maio os alumnos de 4º de ESO tiveron unha clase de historia moi especial. Catro dos seus avós e avoas viñeron a charlar con eles sobre como era a vida antes, cando eles eran mozos. Faláronnos de cando tiveran que empezar a traballar dende ben nenos, das experiencias polo mundo adiante como camioneiro ou cando tiveran que emigrar a países tan dispares como Alemaña ou Sudáfrica para poder sacar adiante ás súas familias.
Como traballo previo a esta xuntanza, os alumnos de 4º de ESO prepararon a seguinte presentación na que expoñen fotografías antigas das súas familias e nos contan algo sobre os seus protagonistas.
Como traballo previo a esta xuntanza, os alumnos de 4º de ESO prepararon a seguinte presentación na que expoñen fotografías antigas das súas familias e nos contan algo sobre os seus protagonistas.
domingo, 10 de xaneiro de 2016
CLASE CULTURAL
No mes de decembro os alumnos de secundaria tiveron a oportunidade de recibir no centro unha "Charla Cultural" impartida por un nativo inglés, Luke Roberts, grazas a editorial Burlington Books. Resultou ser unha experiencia moi positiva xa que puideron coñecer aspectos da cultura británica dun xeito lúdico e interesante.
Houbo dúas sesións e ambas remataron cun concurso, ao estilo do coñecido programa "Quen quere ser millonario?" Non faltou de nada! Os comodíns do público, do 50 por cento e da chamada, neste caso á amable nai de Luke, quen axudou aos alumnos a gañar premios.
Agardamos poder repetir pronto.