Dende o mes de xaneiro o noso centro conta co apoio dun profesor nativo en todas as etapas educativas, dende Educación Infantil á ESO. Donnacha é o nome deste irlandés que ,dende o principio, amosa grande interese en achegarlles aos alumnos todo o relacionado coa cultura irlandesa: expresións idiomáticas, tradicións e costumes.
![]() |
Trevo, símbolo de Irlanda |
Entre as máis interesantes destacan as sesións que lle adicou ao Día de San Patricio (St Patrick's Day). A través de vídeos e presentacións descubrimos como se celebra esta festa cada 17 de marzo, non só en Irlanda senón tamén en diferentes países como o Reino Unido, Australia, Estados Unidos ou Nova Zelanda, Entre os festexos máis típicos desta data están os multitudinarios desfiles nas rúas, onde a xente se viste de verde levando o símbolo do país: O "shamrock" (trevo de tres follas), baila ao ritmo da música celta e por suposto bebe Guinness.
![]() |
Cervexa negra do tipo "stout" elaborada dende 1759 |