O pasado 12 de marzo, dentro do programa
"Quedamos no Palco" ofrecido por Afundación Abanca con motivo do
concerto conmemorativo do centenario da Sociedade Filarmónica de Vigo, un grupo
de alumnas do noso colexio, acompañadas por unha mestra, acudiron
ao Teatro Afundación (Policarpo Sanz, Vigo) para asistir ás 20,30 horas ao
concerto protagonizado pola Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida polo mestre
ruso Dima Slobodeniouk. A orquesta interpretou para o ocasión o "Concerto
para percusión de orquestra" de Kalevi Aho -co percusionista escocés Colin
Currie- e a "Sinfonía nº 5 en si bemol maior, op.100" de Sergéi
Prokófiev.
![]() |
Alumnas de 3º e 4º de ESO momentos antes de comezar o concerto |
Tamén un grupo de alumnos de 2º de ESO tiveron a oportunidade de disfrutar desta experiencia, nesta ocasión o pasado 9 de abril.
A Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida para a ocasión polo mestre mallorquín Antonio Méndez, e coa flautista norteamericana Claudia Walkerque como solista, interpretaron un repertorio que incluíu as obras "Convergencias" de Juan José Colomer, "Concerto para flauta" de Carl Nielsen, e a "Sinfonía nº 5" de Jean Sibelius.
![]() |
Os alumnos de 2º de ESO disfrutaron deste excelente concerto |
Sen dúbida, unha experiencia enriquecedora e gratificante para achegarse ao mundo da música clásica.