martes, 5 de maio de 2015

Achegándonos á cultura irlandesa


Dende o mes de xaneiro o noso centro conta co apoio dun profesor nativo en todas as etapas educativas, dende Educación Infantil á ESO. Donnacha é o nome deste irlandés que ,dende o principio, amosa  grande interese en achegarlles aos alumnos todo o relacionado coa cultura irlandesa: expresións idiomáticas, tradicións e costumes.

Fermosa paisaxe na cidade irlandesa de Killarney



Trevo, símbolo de Irlanda
Entre as máis interesantes destacan as sesións que lle adicou ao Día de San Patricio (St Patrick's Day). A través de vídeos e presentacións descubrimos como se celebra esta  festa cada 17 de marzo,  non só en Irlanda senón tamén en diferentes países como o Reino Unido, Australia, Estados Unidos ou  Nova Zelanda,  Entre os festexos máis típicos desta data están os  multitudinarios desfiles nas rúas, onde a xente se viste de verde levando o símbolo do país: O "shamrock"  (trevo de tres follas), baila ao ritmo da música celta e por suposto bebe Guinness. 
Cervexa negra do tipo "stout" elaborada dende 1759