martes, 24 de maio de 2016

Unha historia dos meus

O pasado venres dia 20 de maio os alumnos de 4º de ESO tiveron unha clase de historia moi especial. Catro dos seus avós e avoas viñeron a charlar con eles sobre como era a vida antes, cando eles eran mozos. Faláronnos de  cando tiveran que empezar a traballar dende ben nenos, das experiencias polo mundo adiante como camioneiro ou  cando tiveran que emigrar a países tan dispares como Alemaña ou Sudáfrica para poder sacar adiante ás súas familias.
Como traballo previo a esta xuntanza, os alumnos de 4º de ESO prepararon a seguinte presentación na que expoñen fotografías antigas das súas familias e nos contan algo sobre os seus protagonistas.